PROCESO DE FUSION ENTRE OS COSITAL DA CORUÑA E PONTEVEDRA.
En aplicación do disposto nos artigos 38 e 39 dos Estatutos Provisionais do Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da Coruña e Pontevedra (DOG nº 228, de 11 de novembro), a Xunta de Goberno do Cosital da Coruña, en funcións de comisión xestora do proceso de fusión, vén de adoptar os seguintes ACORDOS en sesión celebrada o pasado día 15 de abril:
PRIMEIRO.- Convocar ASEMBLEA ELECTORAL CONSTITUINTE, que se celebrará o vindeiro día 26 DE XUÑO DE 2021, ás 11:30 horas en primeira convocatoria, e ás 12:30 horas en segunda, na Escola Galega de Administración Pública, sita na Rúa de Madrid, 2, de Santiago de Compostela.
SEGUNDO.- Aprobar con carácter provisional o CENSO ELECTORAL.
O censo electoral estará exposto na sede de Cosital da Coruña, sita na rúa Cantón Grande, nº 6, 10º, da Coruña, así como nas páxinas web dos Cosital de Pontevedra e da Coruña, por espazo de quince días, contados desde a publicación do presente anuncio nos BOP de Pontevedra e a Coruña. Durante o período de exposición, todas as persoas interesadas poderán examinar o censo e presentar contra o mesmo as reclamacións que estimen oportunas. De non existir reclamacións, o acordo provisional entenderase definitivamente aprobado. En caso contrario, a Xunta de Goberno resolverá as reclamacións formuladas e acordará a aprobación definitiva do censo electoral.