Saltear al contenido principal
Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Encontro informativo entre persoal técnico de administración local e entidades de certificación de conformidade municipal (Eccom)

21 noviembre, 2017 | 17:00 - 20:00

Obxectivos
O Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, regula o réxime xurídico das entidades de certificación de conformidade municipal (Eccom), ás que corresponden as seguintes funcións:

  • Certificación da conformidade coa normativa aplicable no ámbito municipal das instalacións, establecementos, actividades e obras destinadas a unha actividade económica que vaian ser obxecto de comunicación previa ou de solicitude de licenza ante a Administración municipal.
  • Colaboración no exercicio das competencias de comprobación e inspección de instalacións, establecementos, actividades e obras destinadas a unha actividade económica.
  • Control periódico da conformidade das instalacións, establecementos, actividades e edificacións ou construcións destinadas a unha actividade económica coa normativa aplicable no ámbito municipal.

Este encontro nace co obxectivo de favorecer o intercambio de opinións entre os axentes -públicos e privados- implicados na tramitación de procedementos a través desta novidosa figura. A xornada adoptará un formato plenamente aberto, en que todos os asistentes terán ocasión de plantexar as súas dúbidas.

Destinatarios
Secretarios de Administración Local, así como outros empregados locais cuxo posto de traballo garde relación co obxecto da xornada.

Descargar PDF

Detalles

Fecha:
21 noviembre, 2017
Hora:
17:00 - 20:00

Organizador

Cosital Coruña
Email:
administracion@cositalcoruna.org

Lugar

Sede de Cosital A Coruña
R/ Cantón Grande nº 6, 10ª A
A Coruña, A Coruña
Volver arriba